info[arroba]nutteatro.es
NUT TEATRO é unha compañía de teatro galega e contemporánea que, baseándose na formación común, no proceso realizado por cada integrante e nun discurso centrado nos debates artísticos actuais, abandona os códigos vellos para traballar dende/na contemporaneidade.
Son dos que pensa que estar perto da creatividade fainos felices, porque é unha ferramenta cara a liberdade. A vida está chea de encontros ao azar, nunha esquina con choiva arredor, nas letras dun libro vello, na noite de hoxe. Iniciar este proxecto foi unha casualidade ben curiosa. Participar del é un orgullo diario.
Aquí tes o currículum completo en pdf (30 Kb).