info[arroba]nutteatro.es
NUT TEATRO é unha compañía de teatro galega e contemporánea que, baseándose na formación común, no proceso realizado por cada integrante e nun discurso centrado nos debates artísticos actuais, abandona os códigos vellos para traballar dende/na contemporaneidade.
Algunhas persoas din que a estética e a política son diferentes. Eu opino que o mellor que ten a estética é que o sentido político que a traspasa é totalmente invisible. Porque cando falamos de estética estamos falando dun grupo de regras que foron establecidas por alguén. Non nacemos cun sistema de regras estéticas na cabeza, verdade? A estética non é sobre política; é a política mesma. É así como o político pode usarse con máis efectividade, xa que parece tan natural. Os movementos políticos máis exitosos son os que non parecen políticos.
Félix González-Torres.
Aquí tes o currículum completo en pdf (1.1 Mb).