info[arroba]nutteatro.es
NUT TEATRO é unha compañía de teatro galega e contemporánea que, baseándose na formación común, no proceso realizado por cada integrante e nun discurso centrado nos debates artísticos actuais, abandona os códigos vellos para traballar dende/na contemporaneidade.
Despois de tres traballos estreados e actualmente en vixencia, varias performances e futuros proxectos que se atopan en carteira... o Universo Nut estase a constituír coma un inventario propio a base de items que podemos identificar coma "constantes" nas súas pezas.
Punto de partida: un discurso contemporáneo e conceptualizado baseado, entre outras cousas, nos espazos ocultos da identidade máis alá do corpo e da imaxe como elemento identificador.
Búsqueda da proposta escénica a partir da investigación. Non buscar o resultado coma meta principal senón a pegada que o proceso deixa no traballo e no creador.
Emprego de novas tecnoloxías (vídeo cámaras, sensores, proxeccións, audio, micrófonos inalámbricos e de ambiente) coma parte do discurso e non gratuitamente coma unha ferramenta en si mesma, illada da proposta escénica.
Ausencia de personaxe. Movemento ao redor da liña que divide a ficción do real.
Facer do espectador unha parte activa do espectáculo. Apostar por propostas que, unha vez rematada a presentación, se "vaian" co público sen dar respostas, senón facendo preguntas.
Entender:
Se che interesa coñecer o noso día a día, segue a bitácora de Nut Teatro.