info[arroba]nutteatro.es
Corpos Disidentes estrouse o 12 de xaneiro do 2007, no Teatro Principal de Compostela. Durante o primeiro semestre do ano presentouse en varios puntos da xeografía galega coma Viveiro, Ribadeo, Cee, O Carballiño, A Coruña e Lugo.
No segundo semestre do ano 2007, tamén estivemos presente dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios, en Gondomar, Pontevedra, Ames e Vigo.
Nas próxima edicións do Festival Escena Contemporánea de Madrid e do FITEI de Porto tamén poderás ver Corpos Disidentes, xa que foi seleccionado para participar nestes eventos internacionais.
Corpos Disidentes é un espectáculo multidisciplinar que mestura diferentes códigos coma a danza, a performance, a instalación ou o audiovisual co teatro. Nel abórdase a identidade como concepto, dende unha perspectiva en feminino, partindo da consideración do corpo como realidade obsoleta e da(s) identidad(es) como construcción(s) socio-simbólica(s).
A multiplicidade da identidade, unida á súa construcción, reconstrucción e deconstrucción marcan o espazo que existe entre esta e o seu corpo. Propónse ao espectador unha viaxe a través das fisuras do visíbel e a posibilidade de instalarse nunha realidade que non se ve, pero que, non por isto, é menos real.
Nun mundo tecnolóxico no que somos fundidos de máquina e organismo, no que cada vez somos menos corpo e máis virtualidade, próteses ou códigos numéricos e no que os virus informáticos, a sida ou o terrorismo marcan novas pautas (trans)políticas, a identidade descomprémese polimorfa.
Andrea Álvarez Pino formou parte do equipo artístico no proceso creativo deste espectáculo ata a súa estrea o 12 e 13 de xaneiro de 2007.
Por se vos interesa descarregalo, deixamos aquí o cartel de Corpos Disidentes en tamaño completo en pdf (82 Kb).