Nut Teatro

Galego | Español

info[arroba]nutteatro.es

espectáculo 4:48 Psicose

Inicio > 4.48 Psicose

Andaina

A estrea de 4.48 Psicose tivo lugar o 23 de febreiro do 2007, inaugurando a Zona Alternativa da Sala nasa. Durante cinco días esgotáronse os billetes da taquilla. A Mostra de Teatro Universitario de Ourense, tivo a ben invitarnos como compañía profesional e tamén presentamos alí o espectáculo no mes de abril. NUT TEATRO é a primeira compañía que traduce e leva á escena un texto de Sarah Kane ao galego.

Sinopse

4.48 Psicose fai referencia á hora de maior lucidez das persoas que son sometidas a tratamento psiquiátrico é a hora na que a confusión provocada pola medicación se esvaece. Tamén a hora na que máis persoas se suicidan. A propia Kane suicidouse pouco despois de escribir este desgarrador poema escénico.

Máis ca unha obra convencional, con personaxes, trama argumental e parámetros de tempo e lugar, o texto é un canto desesperado, un poema totalmente lúcido co propio sentimento: a desesperanza. Non hai presupostos previos nen unha proposta formal clara por parte da autora.

A de Nut Teatro está baseada no traballo actoral e na ausencia de elementos escénicos externos coa intención de manter a esencia propia do texto sen ornamentos nen engadidos. Un espazo limpo, dúas butacas negras nun chan branco no que non hai cambios de luz, no que non hai música, no que non hai son ... só a conversa entre a paciente e o seu psiquiatra.

Ficha Artística

  • Dirección: Carlos Neira.
  • Axudante de dirección: Andrea Pino.
  • En escena: Arantza Villar, Carlos Neira.
  • Texto: Sarah Kane.
  • Traducción e asesoramento: Marta Díaz, Andrea Pino.
  • Asesoramento: Xaime Liz.
  • Imaxe: H2L
  • Iluminación: Fidel Vázquez e Nut Teatro.
  • Vestiario: Fanny Bell.
  • Produtor executivo: César Abella Vázquez.
  • Fotos: MON S.A.

Por se vos interesa descarregalo, deixamos aquí o cartel de Psicose 4.48 en tamaño completo en pdf (196 Kb).

COÑECENOS MÁIS | A MIRADA DE PIER | CORPOS DISIDENTES | 4:48 PSICOSE | CALENDARIO | CONTACTO