Nut Teatro

Galego | Español

info[arroba]nutteatro.es

espectáculo Corpos Disidentes

Inicio > Espectáculos > Corpos Disidentes


Andaina

Coma primeira creación do seu repertorio, Nut non deixou indiferente ao público e á rítica especializada coa presentación de Corpos Disidentes. Un traballo iniciador do código artístico da compañía e que aínda segue vixente enchendo as salas do Estado Español e Portugal.

Estreado o 12 de xaneiro do 2007, no Teatro Principal de Compostela, o espectáculo foi presentado nos Concellos da Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galiza, nos festivais SIMULACRO 2007, en Escena Contemporánea 2008 de Madrid e no Festival Internacional de Teatro de Expressão Ibérica 2008 (FITEI) de Porto entre outros. Do mesmo xeito que, incidindo no carácter contemporáneo da compañía, Corpos Disidentes tivo cabida en espazos non convencionais de teatro, coma por exemplo o Centro de Arte Contemporáneo de Huarte (Pamplona).

Sinopse: corpo, identidade e imaxe coma construcción socio-simbólica

Dende unha perspectiva do feminino, a multiplicidade da identidade unida á súa construcción, reconstrucción e deconstrucción marcan o espazo que existe entre esta e o corpo.

Un discurso co que se propón ao espectador unha viaxe a través das fisuras do visíbel, e un percorrido polos espazos ocultos da identidade máis alá do corpo e da imaxe como elemento identificador.

Concebido coma unha aposta clara polo multidisciplinar, Corpos Disidentes mestura diferentes códigos coma a danza, a performance, a instalación ou o audiovisual co teatro, coa intención de abordar a identidade coma concepto, partindo da consideración do corpo coma realidade obsoleta e da(s) identidad(es) como construcción(s) socio-simbólica(s).

Pois se ben nun mundo tecnolóxico no que cada vez somos menos corpo e máis virtualidade, no que somos fundidos de máquina e organismo, próteses ou códigos numéricos e no que os virus informáticos ou o terrorismo marcan novas pautas (trans)políticas, a identidade descomprémese polimorfa.

Ficha técnico-artística

  • Dirección: Carlos Neira.
  • Produtor executivo: César Abella Vázquez.
  • En escena: Arantza Villar, Iria Sobrado, Nerea Barros, Xiana Carracelas.
  • Textos: Nut Teatro.
  • Videocreación: Ignacio de la Cierva (Tres deseos).
  • Escenografía: Nut Teatro.
  • Construcción de furnas: Ariel Torres.
  • Maquillaxe: María Illobre.
  • Iluminación: Octavio Mas.
  • Vestiario: Clotilde Vaello/María Illobre.
  • Fotos: Uxía Piñeiro e Pixi.

Andrea álvarez Pino formou parte do equipo artístico no proceso creativo deste espectáculo ata a súa estrea o 12 e 13 de xaneiro de 2007.

Por se vos interesa descarregalo, deixamos aquí o cartel de Corpos Disidentes en tamaño completo en pdf (82 Kb).

COÑECENOS MÁIS | ESPECTÁCULOS | PERFORMANCES | CALENDARIO | CONTACTO | BITÁCORA