Dirección: Carlos Neira.
Con Wake up a compañía Nut Teatro continúa a liña de traballo trazada nas súas anteriores propostas escénicas, onde apostaba por obras experimentais que combinaban fórmulas especificamente teatrais con outras máis próximas á arte realizativa ou de acción.
O espectáculo reflexiona sobre a intimidade e ás relacións xurdidas de novos modelos de convivencia que o devir dos tempos fixo aparecer: as camas quentes, expresión referida ao leito subarrendado a homes e mulleres.
Cando se derriba a fachada dunha casa queda nas paredes unha pegada da vida vivida tras ela: pintura desconchada, azulexos, papel de parede, vigas de madeira, umbrais. Paredes que xa non resgardan nada, á intemperie, espazos abertos que manteñen anacos de materiais vellos, estruturas espidas.

[ Foto de Gordon Matta-Clark ]
Para coñecer as nosas próximas actuacións, consulta o calendario de Nut Teatro.