NUT TEATRO é unha compañía teatral galega fundada en maio de 2006.
O noso equipo multidisciplinar está composto por profesionais con formación específica para a creación, produción e distribución de espectáculos teatrais. Apostamos por propostas contemporáneas tanto nos traballos de creación colectiva como na posta en escena de textos nacionais e internacionais.