info[arroba]nutteatro.es
NUT TEATRO é unha compañía teatral galega fundada en maio de 2006.
O noso equipo multidisciplinar está composto por profesionais con formación específica para a creación, produción e distribución de espectáculos teatrais. Apostamos por propostas contemporáneas tanto nos traballos de creación colectiva como na posta en escena de textos nacionais e internacionais.
Ser curioso, sairse dos camiños marcados, abrirse ao mundo e ser receptivo a todo o que nos rodea pode axudarnos a descubrir ideas que teñan o potencial de unirse e formar algo novo. (Roger Von Oech)
Todos dun modo ou outro, estamos nalgún devir minoritario que nos arrastra cara vías descoñecidas se nos decidimos a seguilo... (Deleuze)
Aquí tes o currículum completo en pdf (1.8 Mb).