info[arroba]nutteatro.es
Peepshow estreouse o 7 de xuño do 2008 no roupeiro do Salón Teatro, dentro do ciclo AcciónST organizado polo CDG.
Catro mulleres performers dentro dun espazo acristalado e cunha cortina de terciopelo vermello pechada, agardan a chegada do espectador que, coma se fose parte dunha ficción, ven ver un espectáculo propio dos lugares adicados ao show do sexo.
Unha vez que os espectadores se sitúan fronte ao cristal,(no seu espazo de miróns), á espera de que comece o número e sen ver nada do que está pasando dentro, as performers comezan a dialogar adiantando que algo vai ocorrer...
Unha conversa baseada nunha especie de orxía dialéctica que, mantida polas catro performers, remata no momento no que se inicia o número polo que son contratadas. Un Peep show, que busca satisfacer a mirada do voyeaur que no silencio participa activamente, e que ata ese intre agardou a que se abrisen as cortinas para que algo acontecera.
O desexado colle forma e, como se dunha urna se tratase, sae do oculto para comeza a facer un strip-tease onde o capital observa pero nunca pregunta.