info[arroba]nutteatro.es
Showroom estreouse o 5 de agosto de 2008 na casa particular dos Sastrecillos Valientes, espazo que funciona á vez como showroom.
Sete performers ocupan un espazo doméstico. Unha casa onde cada habitación é habitada por un performer que desenvolve ao longo de media hora unha actividade propia relacionada co concepto de casa-intimidade. Deste xeito cada un dos performers, coma nunha suposta ficción, é alleo ao que acontece no resto dos espazos, de maneira que a intimidade só se ve vulnerada polo espectador. Ningún dos performers sabe do que está a acontecer noutros espazos sendo, a intimidade máis reservada, o único que se impón no espazo común dos co-habitantes.
Unha performance na que o espectador convértese nun convidado cun pase único de entrada e saída. Nunca máis terá a oportunidade de abrir as portas do fogar para contemplar e mesmo levarse a intimidade dos performers. Nunca máis poderá miralos circulando libremente polo espazo sen ter que dar nada a cambio. Nunca máis terá a opción de entrar no universo do voyeaurismo porque a imaxe do íntimo ten un tempo limitado de existencia e axiña morre.
O íntimo é aproveitar o momento no que todo está a acontecer.... Un espazo que se codicia coma o óxido que fai que as moedas adquiran valor...